~ ~ ~ ~ ~
DIA DE IMBOLC
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1149: Morre a emperatriz Berenguela, filla dos condes de Barcelona e primeira dona do emperador galego Alonso Ramón (Alfonso Reimundez, Alfonso VII). Deixou estabrecido o desexo de ser enterrada na basílica de Santiago.
1609: Ana Rodríguez é condenada pola Inquisición en Santiago a cen azotes por meiga.
1851: Morre Mary Shelley, escritora británica.
1861: Guerra Civil Norteamericana: Texas segrégase dos Estados Unidos de América.
1895: Nace John Ford, director de cine.
1901: Nace Clark Gable, actor.
1908: O rei Carlos I de Portugal e o seu primoxénito Luís Filipe, Duque de Bragança son asasinados no Terreiro do Paço en Lisboa por militantes republicanos. Manuel II ascende ao trono.
1913: Inaugúrase a Grande Estación Central de Nova York, a maior do mundo.
Noticia do 1 de febreiro de 1914 |
1918: Rusia adopta o calendario gregoriano.
1920: Organízase a Policía Montada do Canadá.
1923: Morre Manuel Murguía, historiador e primeiro presidente da Real Academia Galega.
1931: Nace Boris Ieltsin, político ruso.
1932: Morre Farabundo Martí, político revolucionario salvadoreño.
1958: Exipto e Siria únense para formar a República Árabe Unida, que dura até 1961.
1966: Morre Buster Keaton, actor e cineasta cómico estadounidense.
1968: Guerra do Vietnam: O oficial do Viet Cong Nguyen Van Lem é executado por Nguyen Ngoc Loan, un xefe de policia de Vietam do Sul. A execución, filmada e fotografada por Eddie Adams, contribúe a mobilizar a opinión pública contra a guerra.
1979: Ayatollah Khomeini retorna a Teherán, Irán despois de 15 anos de exilio.
1993: Morren Moncho Valcarce, crego e político galego e Juan Naya Pérez, xornalista e historiador galego.
2003: O Transbordador Epacial Columbia desintégrase sobre o estado do Texas no retorno á Terra, morrendo os sete astronautas.
~ ~ ~ ~ ~
Todos atoparían a súa propia vida moito máis interesante se deixasen de comparala coa vida dos demais.
Henry Fonda.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario