martes, 16 de febreiro de 2021

16 de febreiro

Se chove en febreiro, bota as pipas ó quinteiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1918: Lituania declárase independente de Rusia e Alemaña.
1930: Pacto de Lestrobe: alianza dos partidos galegos: ORGA, Partido Radical, Partido Radical Socialista e Partido Radical Federal, constitúen a Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de vertebrar a autonomía de Galiza e buscar situarse no xogo político español.
1936: Vitoria electoral da Fronte Popular en España.
1944: Constitúese o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
1958: Nace Oscar Schmidt, xogador de baloncesto brasileiro
1959: Fidel Castro tórnase primeiro ministro de Cuba.
Anuncio do 16 de febreiro de 1914
1985: Fundación oficial do Hesbulá, no Líbano.
1990: Morre Keith Haring, pintor norteamericano.
~ ~ ~ ~ ~
Sobre as pedras das leis, non da vontade, fúndase a verdadeira política. 
Saavedra Fajardo 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario