~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial Contra o Cancro. Convocado desde o ano 2000 polo Cumio Mundial contra o Cancro para o Novo Milenio (International Union Against Cancer –UICC-, organización non gobernamental dedicada exclusivamente ó control do cancro) a través da Carta de París, ten como obxectivo promover a alianza e a colaboración na loita contra o cancro entre investigadores, profesionais da saúde, pacientes, gobernos, industria médica e farmacéutica e medios de comunicación.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
211: Morre Septimio Severo, emperador romano.
708: Morre Sisinio, papa durante vinte días.
1135: Fundación do Mosteiro de Santa María de Aciveiro.
1789: George Washington é electo por un colexio electoral como o primeiro presidente dos Estados Unidos.
1809: O mariscal Ney en Ferrol é recoñecido como gobernador xeral de Galicia en substitución de Soult.
1865: A fragata Numancia ao mando de Méndez Núñez empeza a volta ao mundo, a primeira dun buque acorazado.
Noticia do 4 de febreiro de 1914 |
1902: Nace Charles Lindbergh, aviador estadounidense.
1913: Nace Rosa Parks, activista polos dereitos civís estadounidense.
1922: Nace Xosé López Calo, sacerdote xesuíta católico e musicólogo galego.
1948: O Sri Lanka obtén a súa independencia. Nacen Pepa Flores (Marisol), cantante e actriz española e tamén Alice Cooper, cantante dos Estados Unidos.
1972: A sonda estadounidense Mariner 9 transmite fotos dende Marte.
1975: Nace Natalie Imbruglia, cantante e actriz australiana.
1995: Morre Patricia Highsmith, escritora estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Se só déranse esmolas por piedade, todos os esmoleiros morrerían de fame.
Nietsche
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario