~ ~ ~ ~ ~
San Brais, Santo Oscar,
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1468: Morre Johannes Gutenberg, inventor da imprenta.
1494: Imprímese no castelo de Monterrei o Missale Auriense, primeiro libro editado na Galicia con tipos móbiles.
1525: Nace Giovanni Pierluigi da Palestrina, compositor italiano.
1529: Carlos V crea o Arquivo Xeral de Galicia.
1783: España recoñece a independencia de Estados Unidos.
1807: Nace Jenaro Pérez Villaamil, pintor nado en Ferrol.
1809: Os franceses entran en Tui. Nace Felix Mendelssohn, compositor clásico alemán.
1867: Nace Manuel Linares Rivas, político e dramaturgo galego.
1878: Nace Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego.
1889: Nace Juan Negrín, fisiólogo e político español.
1898: Nace Alvar Aalto, arquitecto e deseñador finlandés.
1901: Nace Ramón J. Sender, xornalista e escritor español.
1914: Morre Celso García de la Riega, historiador que defendía a galeguidade de Colón. Foi Deputado a Cortes por Cambados en 1886 e Gobernador de León de 1888 a 1891.
Anuncio do 3 de febreiro de 1914 |
1947: Nace Paul Auster, escritor estadounidense.
1966: A sonda soviética Lúa 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.
1969: Yasser Arafat é nomeado líder da Organización de Liberación de Palestina (OLP).
1998: Nace Brais Casas, expresidente de INCUDE.
~ ~ ~ ~ ~
Se non mantés a fe, a esperanza e a ilusión nun mañá mellor, estás máis preto de ser un sepultureiro que un agricultor.
Mario Sarmiento.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario