venres, 12 de marzo de 2021

12 de marzo

Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1505: Real Despacho ordenando que non se lles cobre aos veciños da Coruña dereitos de paso, portazgo e demais ao pasar por Betanzos.
1512: Morre Alonso de Fonseca, arcebispo do seu Santiago natal, grande protector dos estudos universitarios. Foi quen casou a Carlos I e bautizou ao seu fillo Filipe II.
1869: Nace Ramón Menéndez Pidal.
1911: Primeira festa da árbore na Coruña.
1914: Morre George Westinghouse, inventor estadounidense.
1922: Nace Jack Kerouac, escritor estadounidense.
1927: Nace Raúl Alfonsín, presidente arxentino.
2010: Morre Miguel Delibes, escritor.
~ ~ ~ ~ ~
Non digas "é imposible".
Di "Ainda ninguén o fixo"
Proverbio xaponés
Opinión do 13 de marzo de 1914
~ ~ ~ ~ ~







Ningún comentario:

Publicar un comentario