Amosando publicacións coa etiqueta Marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marzo. Amosar todas as publicacións

luns, 31 de marzo de 2025

31 de marzo

Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros; agora virá o teu irmán abril, que non sei se nos deixará vivir.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1596: Nace René Descartes, filósofo francés.
1819: Nace Walt Whitman, poeta estadounidense.
1881: Inaugúrase a liña férrea entre Ourense e Vigo.
1901: Nace Fermín Bouza-Brey, escritor galego.
1903: Morre Aureliano Linares Rivas, avogado, xornalista e político galego.
1914: Nace Octavio Paz, literato, escritor, ensaísta e diplomático mexicano.
Noticias do 31 de marzo de 1914
1948: Nace Al Gore, político estadounidense.
1972: Nace Alejandro Amenábar, director español de cine de orixe chilena.
2009: Morre Raúl Alfonsín, presidente da Arxentina.
~ ~ ~ ~ ~
Os nenos saben que persoas lles queren. É un don natural que co tempo se perde.
Paul de Kock
~ ~ ~ ~ ~

domingo, 30 de marzo de 2025

30 de marzo

En marzo saca a cabeza o lagarto; e en abril acaba de sair.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1831: Nace en Verín, Xosé García Barbón, empresario e mecenas galego.
1844: Nace Paul Verlaine, poeta francés.
1853: Nace Vincent van Gogh, pintor holandés.
1867: Os Estados Unidos compran Alaska a Rusia por 2 millóns de dólares.
1874: Nace en Noia o pintor Jenaro Carrero, discípulo predilecto de Sorolla.
1928: Nace Tom Sharpe, escritor inglés.
~ ~ ~ ~ ~
Saben realmente vivir aqueles que se comparan fundamentalmente coa xente á que lles vai pior que a eles.
Anuncio do 30 de marzo de 1914
Andre Maurois
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 29 de marzo de 2025

29 de marzo

Entre marzo e abril o cuco ha de vir.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1830: Fernando VII promulga a Pragmática Sanción, que anula a Lei Sálica que negaba ás mulleres o dereito na sucesión real.
1974: Nace Marc Gené, piloto de velocidade español.
1989: Inaugurase a Pirámide do Louvre como nova entrada ao museo.
~ ~ ~ ~ ~
Non critiques aos teus inimigos.
Ao mellor aprenden.
Juan Goytisolo
~ ~ ~ ~ ~
Publicado o 29 de marzo de 1914

venres, 28 de marzo de 2025

28 de marzo

Marzo amola e abril esfola.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1809: Reconquista de Vigo, no marco da Guerra da Independencia española.
1936: Nace Mario Vargas Llosa, novelista, articulista e ensaísta político peruano, premio Nobel que ten tamén a nacionalidade española.
1939: As tropas sublevadas contra a República conquistan Madrid, dando na práctica remate á Guerra civil española.
1941: Morre Virginia Woolf, novelista inglesa.
1942: Morre Miguel Hernández, poeta español.
~ ~ ~ ~ ~
A sociedade é, en tódolos sitios, unha conspiración contra a persoalidade de cada un dos seus membros.
R. W. Emerson
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 28 de marzo de 1914

xoves, 27 de marzo de 2025

27 de marzo

Marzo, nin rabo de gato mollado.
~ ~ ~ ~ ~
Día mundial do Teatro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1871: Primeiro partido internacional de rugby entre Inglaterra e Escocia.
1882: Créase na Coruña o orfeon "El Eco".
1968: Morre Yuri Gagarin, piloto soviético, primeiro astronauta da historia.
2006: Morre Stanisław Lem, escritor polaco.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 27 de marzo de 1914
Hai épocas en que tantas cousas merecen desdén que éste convírtese en mercancía escasa e hai que gastalo a modo.
F. R. de Chateaubriand
~ ~ ~ ~ ~















mércores, 26 de marzo de 2025

26 de marzo

A viña do bo amo pódase no marzo; a viña do ruín pódase no abril.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1871: Establécese formalmente a Comuna de París.
1827: Morre Ludwig van Beethoven, compositor austríaco.
1892: Morre Walt Whitman, poeta estadounidense.
1989: Acto fundacional da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.  
~ ~ ~ ~ ~
Quen opina que o diñeiro todo o pode, sen dúbida está disposto a todo por diñeiro.
Edme-Pierre Beauchéne
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 26 de marzo de 1914

martes, 25 de marzo de 2025

25 de marzo

O vintecinco de marzo entra a merenda e mailo descanso.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: A Anunciación do Señor.
En numerosos sitios celébranse días de merendas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1801: Morre Novalis Friedrich Leopold von Hardenberg, "Novalis", poeta alemán.
1903: Con asistencia de Montero Ríos, un dos seus maiores promotores, colócase en Santiago a primeira pedra da Escola de Veterinaria.
1808: Nace José de Espronceda, escritor romántico español.
1983: Nace Xavier Gómez Noya, triatleta galego, medallista olímpico e campión do mundo.
1990: Morre Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego.
2012: Morre Antonio Tabucchi, escritor italiano.
~ ~ ~ ~ ~
Endexamais discutas cun parvo.
A xente podería non ver a diferenza.
Mark Twain
~ ~ ~ ~ ~
Noticia do 25 de marzo de 1914

luns, 24 de marzo de 2025

24 de marzo

En marzo, abrigo e pan de millo.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Tuberculose
Día Internacional do Dereito á Verdade
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1492: O Papa Alejandro VI designa como Colexiata abacial a igrexa de Santa María na Coruña.
1603: Morre Elizabeth I, raíña de Inglaterra.
1785: Nace na Coruña Antonio Diaz, que acabaría convertido en xeneral uruguaio.
1809: Nace Mariano José de Larra, escritor e xornalista español.
1874: Nace Harry Houdini, ilusionista húngaro.
1882: Robert Koch anuncia o descubrimento da bacteria que causa a tuberculose.
1897: Nace Wilhelm Reich, médico e psicanalista austríaco-estadounidense.
1905: Morre Jules Verne, escritor francés.
1916: Morre Enrique Granados, compositor e pianista catalán.
1917: Morre Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego.
1921: Morre Vassily Smyslov, xogador de xadrez ruso.
1922: Orde pola que se funda o Museo de Belas Artes da Coruña.
1946: Morre Alexander Alekhine, campión de xadrez ruso, pero nacionalizado francés.
Anuncio do 24 de marzo de 1914
1970: Nace Ernesto Pérez, fundador e presidente da Asociación Palaestra.
1989: O petroleiro Exxon Valdez comeza a verter 260.000 barrís de cru no estreito do Principe Guillerme, que contaminará 1000 km. de costa e 2000 km2. de mar.
2021: Xuntanza fundacional da Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA) que nace cos mesmos obxectivos que a entidade de igoal nome creada en Buenos Aires en 1956, promovida por Luis Seoane.
~ ~ ~ ~ ~
A falsedade está tan preto da verdade que o home prudente non debe situarse nun terreo esbaradizo.
Cicerón
~ ~ ~ ~ ~











domingo, 23 de marzo de 2025

23 de marzo

Polo San Matías, marzo ós cinco días.
~ ~ ~ ~ ~
Día Metereolóxico Mundial
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1369: Henrique II fai prender áo galego Fernando de Castro, fiel ao rei Pedro. Fuxido Fernando a Inglaterra a súa vida motivou que o seu epitafio na Bayona francesa rezase: Aqui xaz toda a lealdade de España.
Noticia do 23 de marzo de 1914
1771: Nace Bernardo González del Valle (Cachamuíña), militar galego, que recibe o seu alcume do seu lugar de nacemento en Ourense.
1840: Ingresa na Armada Casto Méndez Núñez.
1842: Morre Stendhal, escritor francés.
1887: Nace Juan Gris, pintor español.
1900: Nace Erich Fromm, psicólogo e filósofo alemán.
1931: Nace Victor Korchnoi, xogador de xadrez ruso
1992: Morre Antón Avilés de Taramancos, escritor galego.
2011: Morre Elizabeth Taylor, actriz norteamericana.
2014: Morre Adolfo Suárez, o home que liderou a transición en España dende a dictadura franquista á democracia.
~ ~ ~ ~ ~
A area do deserto é para o viaxeiro fatigado o mesmo que a conversa incesante para o amante do silencio.
Proverbio persa
~ ~ ~ ~ ~

sábado, 22 de marzo de 2025

22 de marzo

O sol de marzo queima as donas no pazo.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Auga. As Nacións Unidas recomendan aos Estados membros celebrar actividades de fomento e divulgación relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1805: Nace Benito Soto, pirata galego.
1822: É nomeado ministro da gobernación o betanceiro Jacobo María Parga y Puga.
1832: Morre Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán.
1863: Morre Nicomedes Pastor Díaz, político e escritor galego.
1895: Os irmáns Lumière proxectan o primeiro filme que se realizou no mundo: A saída dos obreiros da fábrica Lumiére.
Noticia do 22 de marzo de 1914
1897: Concurrido enterro na Coruña do seu gran filántropo Eusebio da Guarda.
~ ~ ~ ~ ~
O mellor xeito de sair da vida é como dunha festa: nin sedento nin bébedo.
Aristóteles
~ ~ ~ ~ ~

venres, 21 de marzo de 2025

21 de marzo

O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Poesía.
Día Internacional da eliminación da Discriminación Racial.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1090: Morre García I de Galicia Rei de Galicia.
1508: O Papa Julio II aproba a fundación do convento de San Sadurniño.
1620: Filipe III dispón a creación dunha escola de navegación na Coruña baixo o nome "Seminarios de muchachos de mar".
1685: Nace Johann Sebastian Bach, compositor.
1874: Nace Andrés Gaos, compositor galego.
1915: O xornal de Buenos Aires La Unión Gallega adopta como novo nome La Voz de Galicia.
1960: Nace Ayrton Senna, piloto de Fórmula 1.
1980: Nace Ronaldinho, futbolista brasileiro.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 21 de marzo de 1914
Postos que estamos destinados a vivir as nosas vidas na prisión da nosa mente, polo menos amoblémola ben.
Peter Ustinov
~ ~ ~ ~ ~

 

xoves, 20 de marzo de 2025

20 de marzo

Se queres ter bo banastro, corta os bimbios no marzo.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Martiño de Dumio Apóstolo dos suevos, que os convertiu do arRianismo ao catolicismo. Bispo de Dumio e Braga.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
43 a. de C.: Nace Ovidio, escritor grego das metamorfoses.
583: Morre en Braga o seu bispo San Martiño, que tamen o fora de Dumio e Mondoñedo.
1811: Nace Napoleón II de Francia, o segundo emperador francés.
1815: Regresa o emperador francés Napoleón Bonaparte a París dende a illa de Elba para comezar o seu segundo mandato.
1886: Nace Felipe Bello Piñeiro, pintor.
1890: Morre na Coruña o seu famoso músico Marcial del Adalid.
1897: Morre Eusebio da Guarda, empresario e filántropo galego. Morre en Madrid a escritora Virginia Felicia Auber, nacida na Coruña.
1910: Morre Antonio López Ferreiro, historiador e escritor.
~ ~ ~ ~ ~
Se queres comprender a palabra felicidade tes que entendela como recompensa e non como fin.
Antoine de Saint-Exupéry
~ ~ ~ ~ ~
Publicado o 20 de marzo de 1914

mércores, 19 de marzo de 2025

19 de marzo

Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.
~ ~ ~ ~ ~
Día de San Xosé, adoitado como día do pai.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1263: O papa Urbano IV confirma todos os privilexios do mosteiro de Monfero.
1813: Nace David Livingstone, misionario e explorador inglés.
1821: Nace Richard Francis Burton, explorador inglés.
1882: Mediante carta dende Estados Unidos de América o inventor vigués Sanjurjo Badía comunica ao seu irmán que lle ofreceu ao goberno español un submarino da súa invención.
1950: Morre Edgar Rice Burroughs, autor de ciencia ficción británico.
1999: Morre José Agustín Goytisolo, escritor español.
2008: Morre Arthur C. Clarke, científico e escritor británico.
~ ~ ~ ~ ~
Se tratráramos ao mentireiro coa mesma severidade como tratamos a quen di a verdade, ninguén diría mentiras.
María Aguiló
~ ~ ~ ~ ~
Noticia do 19 de marzo de 1914

martes, 18 de marzo de 2025

18 de marzo

En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1858: Nace Rudolf Diesel, enxeñeiro alemán.
1891: Nace Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego.
1921: Morre José Rodríguez Martínez, popular médico, escritor e xornalista galego.
1922: Mahatma Gandhi é arrestado por desobediencia civil e condeado a seis anos de cárcere, dos que cumpriría só dous.
1937: Noutro intento de illar Madrid, os Republicanos españois inflixen aos italianos unha grave derrota na batalla de Guadalajara.
1965: Alexei Leonov, astronauta ruso, convírtese na primeira persoa en dar un paseo espacial.
1980: Morre Erich Fromm, psicólogo e filósofo alemán.
~ ~ ~ ~ ~
Benaventurado é quen ten talento e diñeiro, pois empregará ben este último.
Menandro
~ ~ ~ ~ ~
Noticia do 18 de marzo de 1914

luns, 17 de marzo de 2025

17 de marzo

Se por marzo canta a ran, no maio xa calará.
~ ~ ~ ~ ~
Día de San Patricio (Patrón de Irlanda)
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
185: Morre Marco Aurelio, emperador romano.
493: Morre San Patricio, santo patrón de Irlanda.
1948: Nace William Gibson, escritor de ciencia ficción canadense.
1959: O 14º Dalai Lama foxe do Tibet e viaxa á India.
1964: Nace Rob Lowe, actor.
1966: O submarino ALVIN atopa unha bomba de hidróxeno americana na costa de España, no Mar Mediterráneo.
~ ~ ~ ~ ~ 
A nosa natureza humána fainos pensar razoablemente e actuar insensatamente.
A. France
~ ~ ~ ~ ~
Recorte de opinión do 17 de marzo de 1914

domingo, 16 de marzo de 2025

16 de marzo

San Reimundo tira a anduriña do outro mundo e San Cebrián vólvea a levar.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
37: Morre Tiberio, emperador romano.
454: Morre Valentiniano III, emperador romano.
1478: Nace Francisco Pizarro, explorador e conquistador castelán.
1836: Ataque carlista a Melide.
1887: Nace Xosé Lesta Meis, escritor e xornalista galego.
1897: Nace Carlos Maside, pintor galego.
~ ~ ~ ~ ~
En marzo, queima ben a vella o tallo.
~ ~ ~ ~ ~
Non podemos loitar contra o futuro.
O tempo está da súa parte.
W. Gladstone
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 16 de marzo de 1914