venres, 15 de marzo de 2024

15 de marzo

Por san Reimundo a anduriña vén do outro mundo.
~ ~ ~ ~ ~
San Reimundo é o 7 de xaneiro, pero este refrán refírese a San Reimundo Fitero, que se celebra o 15 de marzo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
-44: Idus de Marzo: Xulio César é asasinado por un grupo de senadores romanos.
1493: Cristovo Colón desembarca en Palos de la Frontera tras o descubrimento de América.
1525: Bula de Clemente VII autorizando a Alonso III Fonseca á creación dun colexio en Santiago de Compostela, que había de dar orixe á Universidade Compostelá.
1809: Ás ordes de Cachamuiña, paisanos galegos empezan o ataque a Vigo, ocupado polos franceses.
Noticia do 15 de marzo de 1914
1904: Reunense en Vigo o rei Alfonso XIII e o kaisser Guillerme II.
1930: Morre Miguel Primo de Rivera, ex-ditador español, en París.
1937: Morre H.P. Lovecraft, escritor norteamericano.
1972: Estrea da película O padriño.
~ ~ ~ ~ ~
Nunca atopei a unha persoa da que non tivese nada que aprender.
Alfred de Vigny
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: