luns, 4 de marzo de 2024

4 de marzo

Día de san Adrián sécalle a primeira raíz ao pan
~ ~ ~ ~ ~
Chámanse frebas de marzo aos primeiros días do mes, porque nestes días adoita facer mal tempo, como en febreiro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1152: Federico I Barbarroxa é elixido rei dos alemáns.
1394: Nace o príncipe Henrique o Navegante, explorador portugués.
1861: A bandeira das barras e estrelas é adoptada como a oficial dos Estados Confederados de América.
1881: Un Estudo en Escarlata, primeira obra de Sherlock Homes, ve a luz.
1889: Nace Francisco Asorey, escultor galego.
1936: Morre Antón Vilar Ponte, escritor galego.
1942: Publícase O estranxeiro, novela de Albert Camus.
2004: Morre Fernando Lázaro Carreter, filólogo español.
 ~ ~ ~ ~ ~
Nunca fagas apostas. Se sabes que has de gañar ao outro, es un trampulleiro... E se non o sabes, es un parvo. 
Publicado o 4 de marzo de 1914
Confucio
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: