sábado, 1 de maio de 2021

1 de maio


Día tras día, maio chega.
~ ~ ~ ~ ~
O nome do mes de maio atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, que tiña unha festividade que se celebraba neste mes.
Para nós é tempo de celebrar o Aniversario de Palaestra e o Día dos Museos (ambos o día 18) e o do CIDU, neste día 1.
Día do Traballo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1800: Aparece El Catón Compostelano, primeiro xornal galego.
1866: Chega o alferez Álvarez de Toledo a El Callao. O Almirante Méndez Núñez ordealle chegar oficialmente dous días despois.
Anuncio do 1 de maio de 1914
1886: Folga xeral nos Estados Unidos, con manifestacións nas rúas de Chicago esixindo a xornada laboral de 8 horas. Os acontecementos posteriores motivaron a creación do Día internacional dos traballadores nesta data.
1888: Comezan as primeiras probas de iluminación eléctrica en Pontevedra, segunda cidade española en acometelas.
1994: Fundase o CIDU, o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias. Morre Ayrton Senna, piloto brasileiro de Fórmula1
~ ~ ~ ~ ~
Da palabra a metade é de quen a pronuncia e a metade de quen escoita.
Montaigne
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario