Amosando publicacións coa etiqueta Maio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maio. Amosar todas as publicacións

sábado, 31 de maio de 2025

31 de maio

Are quen arou, que maio xa pasou.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial sen Tabaco, convocado pola OMS desde 1989 para promover medidas de loita contra o consumo de tabaco.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1915: Nace Ramón Piñeiro López, escritor, ensaísta e político galego.
1916: Batalla da Jutlandia, na Primeira Guerra Mundial
1945: Delio Rodríguez gaña a 5ª Vuelta Ciclista a España, converténdose no primeiro galego en logralo.
~ ~ ~ ~ ~
As persoas reais están cheas de seres imaxinarios.
Graham Greene
~ ~ ~ ~ ~








Anuncio de 1914




venres, 30 de maio de 2025

30 de maio

A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1431: É queimada Xoana de Arco.
1778: Morre Voltaire, filósofo francés
1808: Sinforiano López encabeza a Revolta fronte aos franceses na Coruña. Empeza a organizarse a Xunta de Defensa do Reino de Galicia.
1871: Derrotada a Comuna de París.
~ ~ ~ ~ ~
Ser adulto significa estar so.
Jean Rostand
~ ~ ~ ~ ~









Anuncio do 30 de maio de 1914

xoves, 29 de maio de 2025

29 de maio

Ai, maio, maiolo! 
Pior aínda é o mes que vén logo!
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1917: Nace John Fitzgerald Kennedy, presidente de Estados Unidos.
1926: Abdoulaye Wade, presidente de Senegal.
1931: Na Segunda República Española creánse as Misións Pedagóxicas que, presididas por Manuel Bartolomé Cossío, levaban a cultura polos pobos e aldeas españois.
1958: Morre Juan Ramón Jiménez, poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956.
~ ~ ~ ~ ~
Cando os elefantes loitan a herba é a que sufre.
Proverbio africano
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de maio de 1914

mércores, 28 de maio de 2025

28 de maio

Ata o corenta de maio non te quíte-lo saio; 
e se volve chover, vólveo poñer.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1878: Morre en Ferrol, de onde era natural, o escritor e historiador Benito Vicetto.
1908: Nace Ian Fleming, escritor británico.
1938: Morre Miguel Fleta, tenor español.
~ ~ ~ ~ ~
Dende que os homes non creen en Deus non é que non crean en nada; é que creen en calquera cousa.
G. K. Chesterton
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 28 de maio de 1914

martes, 27 de maio de 2025

27 de maio

Maio longo, San Xoán redondo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1703: O Tsar Pedro, O Grande funda San Petersburgo.
1910: Morre Robert Koch, bacterioloxista.
1951: Nace Ana Belén, cantante madrileña.
~ ~ ~ ~ ~
Cando apuntas cun dedo, lembra que outros tres dedos sinalan para ti.
Proverbio inglés.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 27 de maio de 1914

luns, 26 de maio de 2025

26 de maio

Maio pardo, San Xoán claro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1875: Morre en Motrico loitando contra os carlistas o mariño galego Victoriano Sánchez, destacado no bombardeo de El Callao.
1899: Nace Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo, en Soutelo de Montes, Forcarei.
1907: Nace John Wayne, actor estadounidense.
1939: 6.000 soldados da Luftwaffe e da Wehrmacht, mdembros da Lexión Condor, desfilan por Vigo comandados por Von Richtoffen, o fillo do Barón Vermello.
1976: Morre Martin Heidegger, filósofo alemán.
1986: A Unión Europea adopta a súa bandeira.
1990: Nace o directivo da S. C. D. Palaestra Luis Rodríguez, expresidente da Asociación Hercle e presidente da asociación Savilemos.
2003: Un avión estrélase en Turquía falecendo 62 militares españois, catro deles galegos.
~ ~ ~ ~ ~
O mais dificil de aprender na vida é que ponte hai que cruzar e que ponte hai que queimar.
Bertrand Russell
~ ~ ~ ~ ~



Nova do 26 de maio de 1914



















domingo, 25 de maio de 2025

25 de maio

A ovella do pobre no maio morre.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe celébrase o Día do orgullo Friki.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1803: Nace Ralph Waldo Emerson, escritor e filósofo estadounidense
~ ~ ~ ~ ~
Todo parvo confunde valor e prezo.
Antonio Machado
~ ~ ~ ~ ~












Nova do 25 de maio de 1914

sábado, 24 de maio de 2025

24 de maio

O que en maio se molla, en maio se enxuga.
~ ~ ~ ~ ~
Santa Susana.
Dia Europeo dos Parques Nacionais.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1218: A Quinta Cruzada parte para o Exipto
1820: Morre Francisco Mourelle de la Rúa, navegante galego nado en Ponteceso.
1963: Inauguración do aeroporto de Alvedro, na Coruña.
~ ~ ~ ~ ~
Opinión do 24 de maio de 1914
A saúde é un estado transitorio entre dúas épocas de enfermedade e que, ademais, non presaxia nada bo.
Winston Churchill
~ ~ ~ ~ ~

venres, 23 de maio de 2025

23 de maio

Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1627: Morre Luis de Góngora, poeta español.
1842: Morre José de Espronceda, poeta español.
1843: Nace Xosé Cerviño García, canteiro e escultor, autor do cruceiro do Hío.
1871: Morre Ramón de la Sagra, biólogo e anarquista galego.
1949: Creada a República Federal da Alemaña.
1951: Nace Anatoli Karpov, campeón mundial de xadrez.
1974: Nace Mónica Naranjo, cantante española.
~ ~ ~ ~ ~
Precísanse dous anos para aprender a falar e sesenta para aprender a calar.
Ernest Hemingway
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 23 de maio de 1914

xoves, 22 de maio de 2025

22 de maio

Andar co maio ó lombo: 
aplícase a quen está canso ou agotado, facendo referencia aos traballos do campo que hai que facer neste mes.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe celébrase a festividade de santa Rita de Casia (patroa dos imposibles).
Día internacional da Diversidade Biolóxica.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1541: Tras rematar sen acordo a Conferencia de Ratisbona, que buscaba a reunificación da Igrexa Católica, nace o protestantismo como unha nova relixión.
1542: O rei Carlos I de España ordena que se mande remediar as crueldades que se cometen nas Indias.
1813: Nace Richard Wagner, compositor alemán.
1859: Nace Arthur Conan Doyle, médico e escritor británico, creador de Sherlock Holmes.
1895: Morre Isaac Peral científico español.
1906: Os irmáns Wright patentan o seu "artefacto voador".
1907: Nace Georges Remi, (Hergé), debuxante creador de Tintín.
1931: Proclámase a liberdade relixiosa en España.
Anuncio do 22 de maio de 1914
2004: Casan o príncipe de Asturias Filipe de Borbón e a periodista Letizia Ortiz.
~ ~ ~ ~ ~
A experiencia é unha luz que alumea queimando.
Benito Pérez Galdós
~ ~ ~ ~ ~

mércores, 21 de maio de 2025

21 de maio

Ser longo coma o mes de maio: ser algo de moita dura, inacabable.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1542: Morre Hernando de Soto, conquistador e explorador español.
1686: Morre Otto von Guericke, inventor da bomba de baleiro.
Nova do 21 de maio de 1914
1824: Nace Benito Vicetto, escritor e historiador galego.
1927: Charles Lindbergh completa o primeiro vóo transatlántico sen escalas
~ ~ ~ ~ ~
Qué é a historia?
Unha sinxela fábula que todos temos aceptado.
Napoleón Bonaparte
~ ~ ~ ~ ~

martes, 20 de maio de 2025

20 de maio

Porca de maio: días de mal tempo que disque hai sempre en maio, normalmente na metade do mes. Expresión empregada en frases como "Aínda non veu a porca de maio" ou "A porca de maio vale mais no principio que no cabo".
~ ~ ~ ~ ~
Día Múndial das Abellas.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1506: Morre Cristovo Colón, navegante e explorador de orixe probablemente galega.
1799: Nace Honoré de Balzac, escritor francés.
1903: Morre Marcial Valladares Núñez, xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo.
1946: Nace Cher, cantante estadounidense.
2002: Independencia do Timor Leste
~ ~ ~ ~ ~
A sabiduría consiste, ás veces, en rexeitar información.
Umberto Eco.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio do 20 de maio de 1914

luns, 19 de maio de 2025

19 de maio

Ser como auga de maio: 
aplícase a algo que é ben recibido, coma un regalo.
~ ~ ~ ~ ~
Día de Santo Ivo (Patrón de Bretaña)
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1881: Nace Mustafa Kemal Atatürk, fundador e primeiro presidente da república de Turquía.
1887: Nace Gregorio Marañón, científico e escritor español.
1895: Morre José Martí, poeta e político cubano.
1935: Morre T. E. Lawrence, Lawrence de Arabia, oficial de enlace británico durante a sublevación árabe de1916 a 1918.
1967: Morre María Mariño Carou, escritora galega.
1987: Morre Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego.
~ ~ ~ ~ ~
Cando se é mozo de verdade, se é mozo toda a vida.
Picasso
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 19 de maio de 1914

domingo, 18 de maio de 2025

18 de maio

Abril esfola, pero maio amola.
~ ~ ~ ~ ~
O día 18 de maio de 1989 a nosa entidade recibía a aprobación gubernamental. É a data que celebramos como aniversario, por coincidir coa oficialización tamén da Federación Galega de Béisbol, que a nosa entidade impulsou e dirixiu nos primeiros anos.

O 18 de maio celébrase ademais o Día Internacional dos Museos (declarado pola ONU en 1977)
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
37: O Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador.
1868: Nace Nicolao II, tsar de Rusia.
1872: Nace Bertrand Russell, matemático británico, Premio Nobel de Literatura (m. 1970).
1895: Nace Augusto César Sandino, revolucionario nicaragüense.
1900: Fúndase o AFC Ajax.
1911: Morre Gustav Mahler, compositor alemán (n. 1860).
1916: Nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao —entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia.
1920: Nace Karol Józef Wojtyla, futuro papa Xoán Paulo II.
1970: Fúndase no Castro de Samoedo, Sada, o Museo Galego de Aere Contemporánea - Carlos Maside.
1989: Neste mesmo día oficialízase a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra por parte do Goberno Civil da Coruña e pola súa banda a Xunta de Galicia legaliza a Federación Galega de Béisbol e Deportes Asociados. Ambas dúas entidades impulsadas polo mesmo colectivo.
~ ~ ~ ~ ~
As obras de arte divídense en dúas categorías; as que me gostan e as que non me gostan. Non coñezo ningún outro criterio.
Antón Chejov.
~ ~ ~ ~ ~




Nova do 18 de maio de 1914






sábado, 17 de maio de 2025

17 de maio

Tras de maio vén San Xoán.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial das Telecomunicacións e de Internet.
Día Nacional de Noruega.
Día das Letras Galegas. Un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1510: Morre Sandro Botticelli, pintor italiano
1727: Morre Catarina I de Rusia, tsarina da Rusia Imperial.
1814: A Asemblea Constitucional celebrada en Eidsvoll asina a Constitución de Noruega.
1833: Nace en Oseiro Manuel Murguía, historiador, marido de Rosalía de Castro e primeiro presidente da Real Academia Galega.
1863: Sae do prelo o libro Cantares Galegos, de Rosalía de Castro
1885: Nace Afonso XIII, fillo póstumo de Afonso XII, rei de España.
1924: Fúndase nos Estados Unidos Metro-Goldwyn-Mayer, froito da fusión de Metro Pictures, Goldwyn Pictures e Louis B. Mayer.
1963: Primeiro Día das Letras Galegas.
2024: O CIDU empeza a celebrar o Torneo de xadrez do Día das Letras Galegas.
Anuncio do 17 de maio de 1914
~ ~ ~ ~ ~
A felicidade e o arco da vella nunca se ve enriba da casa propia, se non sobre a allea.
Proverbio alemán.
~ ~ ~ ~ ~

venres, 16 de maio de 2025

16 de maio

En maio, inda a vella queima o tallo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1703: Morre Charles Perrault, escritor francés.
1909: Nace Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego.
1953: Pierce Brosnan, actor irlandés.
2015: Celébrase no Museo Carlos Maside o I Torneo de Xadrez Día dos Museos.
~ ~ ~ ~ ~
Errar é humano, perseverar nos erros é diabólico.
San Agostiño.
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 16 de maio de 1914