~ ~ ~ ~ ~
O día 18 de maio de 1989 a nosa entidade recibía a aprobación gubernamental. É a data que celebramos como aniversario, por coincidir coa oficialización tamén da Federación Galega de Béisbol, que a nosa entidade impulsou e dirixiu nos primeiros anos.
O 18 de maio celébrase ademais o Día Internacional dos Museos (declarado pola ONU en 1977)
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
37: O Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador.
1868: Nace Nicolao II, tsar de Rusia.
1872: Nace Bertrand Russell, matemático británico, Premio Nobel de Literatura (m. 1970).
1895: Nace Augusto César Sandino, revolucionario nicaragüense.

1911: Morre Gustav Mahler, compositor alemán (n. 1860).
1916: Nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao —entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia.
1920: Nace Karol Józef Wojtyla, futuro papa Xoán Paulo II.
1970: Fúndase no Castro de Samoedo, Sada, o Museo Galego de Aere Contemporánea - Carlos Maside.
~ ~ ~ ~ ~
As obras de arte divídense en dúas categorías; as que me gostan e as que non me gostan. Non coñezo ningún outro criterio.
Antón Chejov.
~ ~ ~ ~ ~
![]() |
Nova do 18 de maio de 1914 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario