domingo, 5 de maio de 2024

5 de maio

Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1028: Morre Afonso V, rei de León e Galicia.
1501: Sae de Belén unha escuadra mandada polo pontevedrés Juan de Nova. Entre os tripulantes estaba Americo Vespucio.
1672: Nace Pedro I, tsar de Rusia.
1808: Firma dun convenio entre Napoleón e Carlos IV de España polo que este renuncia á coroa en favor do emperador francés.
1813: Nace Søren Kierkegaard, filósofo dinamarqués.
1818: Nace Karl Marx, filósofo alemán.
1821: Morre Napoleón Bonaparte emperador francés.
1890: Promúlgase en España a Lei de Sufraxio Universal.
1920: Nace Vicente Ferrer, misioneiro laico español na India.
1955: A República Federal de Alemaña recupera a plena soberanía.
1963: Nace en Vigo a Fundación Penzol, coa biblioteca doada por Fermín Penzol.
1970: O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes.
1995: Morre  o ruso Mikhail Botvinnik, campión do Mundo de xadrez.
2012: Francisco Javier Novelle o gran impuslor do Día da Ciencia na Rúa, recibe a placa de socio de honra da Asociación Galega de Xadrecistas, o terceiro en ser nomeado como tal.
Anuncio do 5 de maio de 1914
~ ~ ~ ~ ~
O tamaño dun home pode medirse polo tamaño das cousas que lle encolerizan.
Thomas Morley.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: