martes, 13 de xuño de 2023

13 de xuño

Meu san Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro.
San Antoíño bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole.
~ ~ ~ ~ ~
Santo Antón de Lisboa, avogado das mozas casadeiras e dos obxectos perdidos.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
323 a.C.: Morre Alexandre Magno, rei de Macedonia.
1471: Batalla de Altamira.
1514: Pedro Arias Dávila emprega por primeira vez o "requerimento" aos indixenas en Cartagena de Indias.
1890: Pascual Veiga asina a partitura do Himno Galego, con letra de Eduardo Pondal.
1910: Nace Gonzalo Torrente Ballester, escritor.
1983: A nave Pioneer 10 convértese no primeiro obxecto artificial en deixar o Sistema Solar.
~ ~ ~ ~ ~
Os políticos son como os cines de barrio. Primeiro piden que entres e logo cambian o programa.
Enrique Jardiel Poncela
~ ~ ~ ~ ~
Nova do 13 de xuño de 1914

Ningún comentario: