luns, 28 de xuño de 2021

28 de xuño

Con pan ou sen pan, o que non morra vivirá por san Xoán.
~ ~ ~ ~ ~
Noite das fogueiras de San Pedro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1389: Forzas otomanas arrasan os exércitos da Europa cristiá en Kosovo, abrindo camiño para a conquista otomana do Sudeste europeo.
1712: Nace Jean-Jacques Rousseau, filósofo suizo.
1914: No Atentado de Saraievo (Bosnia) é asasinado o Archiduque Francisco Fernando, herdeiro ó trono austro-húngaro. Este foi o desencadeante da I Guerra Mundial.
1936: Plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia.
1969: Rebelión de Stonewall. Grupos de homosexuais e transexuais fan fronte ás agresións policiais nun local de New York. Isto deu pé á conmemoración deste día como o do orgullo gai.
~ ~ ~ ~ ~
A xuventude dun ser humán non se mide polos anos que ten, senon pola curiosidade que almacena.
Salvador Pániker
~ ~ ~ ~ ~

Nova do 28 de xuño de 1914

Ningún comentario:

Publicar un comentario