luns, 17 de xullo de 2023

17 de xullo

En santa Mariña colle o sacho e deixa a fouciña.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1512: As tropas castelás ao mando do Duque de Alba, inician a invasión do Reino de Navarra.
1566: Morre Bartolomé de las Casas, relixioso dominico español.
1750: Nace Francisco Mourelle de la Rúa, navegante galego nado en Ponteceso.
1762: En Rusia, Catarina II tórnase tsarina tras o asasinato de Pedro III.
1790: Morre Adam Smith, economista e filósofo escocés.
1846: Nace Jaime Ozores de Prado, militar e filántropo galego.
Suceso do 17 de xullo de 1914
1905: Nace Jacinto Quincoces, futbolista español.
1906: En Filipinas, o presidente Macario Sacay y de León é capturado por tropas estadounidenses.
1918: En Ekaterimburgo o tsar Nicolás II e a súa familia son executados por orde do Partido Bolxevique.
1932: Nace Joaquín Salvador Lavado, Quino, humorista arxentino, creador de Mafalda.
1935: Nace Salvador García-Bodaño, escritor galego.
1936: En España, golpe de estado do exército de Marrocos. Ao fracasar comeza a Guerra Civil.
1952: Nace David Hasselhoff, actor e cantante estadounidense.
1954: Nace Angela Merkel, política e chanceler alemá desde 2005.
1955: Abre a primeira Disneylandia na California, Estados Unidos
1961: Morre Ty Cobb, beisbolista estadounidense.
1965: Nace Santiago Segura, actor, guionista, director e produtor español.
1976: Nace Marcos Senna, futbolista hispano-brasileiro.
1994: No estadio Rose Bowl de Pasadena (Estados Unidos), Brasil coróase por cuarta vez campión do mundo de fútbol ao vencer a Italia na quenda de penaltis.
1995: Morre Juan Manuel Fangio, piloto de Fórmula 1 arxentino.
1998: Nace Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, neto do rei Juan Carlos I.
2001: Falece Morris, debuxante belga, creador de Lucky Luke.
2002: Na Illa Perejil, soldados españois desaloxan a soldados marroquís que seis días antes ocuparan a illa.
~ ~ ~ ~ ~
Algúns senten a choiva, outros simplemente se mollan.
Bob Dylan
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: