sábado, 18 de xullo de 2020

18 de xullo

Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás.
~ ~ ~ ~ ~
Santa Mariña de Augas Santas.
Hoxe celébase o Día Internacional de Nelson Mandela, por acordo de novembro de 2009, da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en recoñecemento da contribución do ex Presidente de Sudáfrica á cultura da paz e da liberdade.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1898: Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.
1918: Nace Nelson Mandela, político surafricano.
1921: Nace John Glenn, astronauta estadounidense.
1925: Adolf Hitler publica Mein Kampf (A miña loita)
1927: Morre Joaquín Loriga Taboada, aviador lalinense.
1936: O exército dá un golpe militar en España contra a República. Comeza a Guerra Civil.
~ ~ ~ ~ ~
As engurras so indican onde estiveron os sonrisos.
Mark Twain.
~ ~ ~ ~ ~
Suceso do 18 de xullo de 1914









Ningún comentario:

Publicar un comentario