luns, 24 de xullo de 2023

24 de xullo

Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1525: Sae da Coruña a nave San Lesmes na procura de terras ignoradas para os europeos no Océano Pacífico.
1783: Nace Simón Bolívar, líder político suramericano.
1802: Nace Alexandre Dumas, escritor francés.
1864: Nace Eladio Rodríguez González, lexicógrafo e escritor galego.
1897: Nace Amelia Earhart, aviadora estadounidense.
1911: Descubrimento de Machu Picchu, no Perú, por Hiram Bingham.
1969: Nace Jennifer Lopez, cantante e actriz estadounidense.
1980: Morre Peter Sellers, actor británico.
1985: A TVG comeza a súa emisión, cos actos do Día do Apóstolo en Santiago de Compostela.
2005: O trampulleiro Lance Armstrong gaña o seu sétimo Tour de Francia consecutivo.
~ ~ ~ ~ ~
Bebede cando sodes felices, pero nunca cando sodes desgrazados.
G. K. Chesterton.
~ ~ ~ ~ ~
Anuncio de xullo de 1914

Ningún comentario: