martes, 25 de xullo de 2023

25 de xullo

Pra coller moitos nabos, por Santiago sementalos.
~ ~ ~ ~ ~
Día Nacional de Galicia (Día de Santiago)
Santoral: Santiago, Zeltia, Suevia, Breogán
Nas Pontes (A Coruña). Festa da Fraga.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
813: O bispo de Iria Flavia descobre, segundo a tradición, o sepulcro do apóstolo no bosque de Libredón.
1387: Desembarca na Coruña, o duque de Lancaster, Xoán de Gante, que pretende ser rei, en defensa dos intereses da súa muller, Constanza.
1512: Tropas ao mando do duque de Alba toman Pamplona, capital do reino de Navarra, o que conleva a perda da súa independencia.
1905: Nace Elias Canetti, escritor búlgaro en lingua alemá, premio Nobel de Literatura en 1981.
Anuncio do 25 de xullo de 1914
1948: O presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
1950: Fúndase a Editorial Galaxia, en Compostela.
1965: O padre xesuíta Xaime Seixas dá a primeira misa en galego, en Compostela.
1974: Comeza a emisión de Panorama de Galicia, o primeiro programa de televisión en lingua galega.
2000: Accidente do avión Concorde
~ ~ ~ ~ ~
Unha cebra non ten porque correr mais ca leona.
Abonda con facelo mais cas outras cebras.
Jorge Wagensberg
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: