martes, 20 de outubro de 2020

20 de outubro

Polo san Lucas saben ben as uvas. 
~ ~ ~ ~ ~
Na mitoloxía gaulesa é o Día da Dama do Lago, que tería dado a espada Excalibur ao Rei Arthur.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1351: Pedro I confirma os privilexios do mosteiro de Monfero.
1828: Morre o canónigo da catedral de Tui, Francisco Piñeira, natural de Xinzo, que foi importante guerrilleiro na ocupación francesa.
Titular do 20 de outubro de 1914
1883: Concesión do Lazareto de Oza.
1929: Estrea do pasodoble Ponteareas.
2011: Morre Muammar al-Gaddafi, xefe de Estado de Libia.
~ ~ ~ ~ ~
Hai que pensar como home de acción e actuar como home pensador. 
Henri Bergson. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario