sábado, 21 de outubro de 2023

21 de outubro

Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non. 
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1104: O arcebispo Xelmirez visita en Roma ao Papa.
1728: Nace o conde de Floridablanca.
1805: Derrota da armada franco-española en Trafalgar. Morre Horatio Nelson, almirante británico.
1879: Thomas Edison proba a primeira lámpada eléctrica que funciona eficazmente (dura acesa 13 horas e media antes de queimarse).
1905: No primeiro centenario de Trafalgar, a derrota non é motivo de celebracións.
1969: Morre Jack Kerouac, novelista e poeta estadounidense.
2001: Eleccións ao Parlamento galego (VI Lexislatura), nas que o Partido Popular de Galicia obtivo a maioría absoluta.
2015: Marty McFly chega dende os anos 80 en "Regreso ao Futuro II".
~ ~ ~ ~ ~
Novas do 21 de outubro de 1914
A civilización non suprimiu a barbarie; perfeccionouna e fixoa máis cruel e bárbara.
Voltaire. 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: