venres, 4 de outubro de 2024

4 de outubro

De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón.  
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
380: O Concilio de Zaragoza excomulga a Prisciliano.
1535: María Tudor, filla de Henrique VIII e de Catarina de Aragón, é coroada raíña de Inglaterra.
1582: O papa Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano na substitución do calendario xuliano. En Polonia, España, Portugal e Italia, a noite do xoves 4 de outubro de 1582 deu paso ao venres 15 de outubro. Morre Teresa de Cepeda y Ahumada “Santa Teresa de Jesús”, relixiosa española.
1607: Nace Francisco de Rojas Zorrilla, dramaturgo español.
Ilustración do 4 de outubro de 1914
1720: Nace Giovanni Battista Piranesi, artista e gravador italiano.
1824: México independízase de España e fúndase a República de México.
1830: Independencia de Bélxica, despois da separación dos Países Baixos.
1851: Morre Manuel Godoy, político español, valido de Carlos IV.
1878: Nace Doroteo Arango, "Pancho Villa", caudillo popular mexicano.
1905: Os irmáns Wright realizan en Dayton un voo de máis de media hora de duración.
1910: O aviador francés Tabuteao realiza un percorrido en biplano dende San Sebastián a Bayonna.
1921: A Sociedade de Nacións rexeita acudir na axuda de Rusia e atribúe a fame que azouta ese país a súa dirección política.
1957: Os rusos colocan en órbita o primeiro obxecto artificial da historia: o Sputnik I.
1984: O furacán Hortensia chega a Galicia.
1991: Os delegados de 30 países firman en Madrid o acordo polo que se designa á Antártida "reserva natural para a paz e a ciencia" e prohíbese a explotación mineira durante 50 anos.
1997: A Infanta Cristina de Borbón, segunda filla dos reis de España, e o deportista Iñaki Urdangarín casan na catedral de Barcelona.
2002: Un tribunal estadounidense condena á tabaqueira Philip Morris a pagar 28.000 millóns de dólares a unha muller enferma de cancro de pulmón.
~ ~ ~ ~ ~
Unha boa vida é aquela inspirada polo amor e guiada pola intelixencia. 
B. Rusell.  
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: