luns, 5 de outubro de 2020

5 de outubro

En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
~ ~ ~ ~ ~
San Froilán, patrono de Lugo.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
456: Teodorico II vence ao rei suevo Requiario e acaba co dominio deste en grande parte da Hispania.
1143: É recoñecida polo rei Afonso VII a independencia de Portugal a través do Tratado de Zamora.
1713: Nace Denis Diderot, filósofo e escritor francés, principal impulsor da "Enciclopedia".
Novas do 5 de outubro de 1914
1864: Nace Louis Lumiére, inventor francés, un dos pais do cinematógrafo.
1921: Fundación en Londres do PEN Club.
1972: É declarado Conxunto Histórico Artístico o Pazo de Mariñán.
1989: O Dalai Lama, Tensing Gyatso, líder relixioso e político tibetano, distinguido co Premio Nobel da Paz.
~ ~ ~ ~ ~
Se dous individuos están sempre de acordo en todo, podo asegurar que un dos dous pensa por ambos. 
Freud.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario:

Publicar un comentario