mércores, 1 de novembro de 2023

1 de novembro

Quen cava no mes de Santos perde o tempo e o traballo.
~ ~ ~ ~ ~
Empeza o mes de Novembro, que é o undécimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome deriva de ter sido o noveno mes do calendario romano. En Galicia recibe diferentes denominacións populares: Mes santo, Mes de Santos, Mes morto, Mes dos mortos ou San Martiño.
~ ~ ~ ~ ~
Día de Tódolos Santos: Existe o costume de facer unha visita ao cemiterio para ver aos parentes finados, levarlles flores, rezarlles e prenderlles velas etc. Xeralmente é un día de recollemento e espiritualidade para os crentes.
En Tui tiñan o costume de botar un gran leño ao lume para que as ánimas dos devanceiros mortos puidesen quentarse, e en Cambados decíase que non se debe ir ao mar neste día para non coller mortos ou os seus restos nas redes.
~ ~ ~ ~ ~
Feira dos fungos e cogumelos nas Pontes de García Rodríguez.
Ilustración do 1 de novembro de 1914 (a pesar da data que pon)
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1155: Morre o Conde de Traba.
1512: Exponse ao público por primeira vez o teito da Capela Sixtina, de Michelangelo.
1530: Un erro nos diques dos Países Baixos mata 400.000 persoas.
1567: Nace Diego Sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar.
1604: Estréase a traxedia Othello, de William Shakespeare.
1755: Terremoto e maremoto de Lisboa. Morreron 15.000 persoas só nesta cidade.
1757: Nace Antonio Canova, escultor italiano.
1849: Nace en Ourense Valentín Lamas Carvajal, poeta e xornalista galego, fundador d'O Tio Marcos d'a Portela.
1993: Entra en vigor o Tratado de Maastricht, dando comezo á Unión Europea.
1993: Morre Severo Ochoa, bioquímico español, Premio Nobel en 1959.
1998: Institúese o Tribunal Europeo de Dereitos Humans
~ ~ ~ ~ ~
A paciencia é unha árbore de raíz amarga, pero de froitos moi doces. 
Proverbio persa.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: