sábado, 4 de novembro de 2023

4 de novembro

A todo porquiño chegalle o seu san Martiño.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1493: A armada de Aragón arrasa Marsella.
1847: Morre Felix Mendelssohn, pianista e compositor alemán.
1904: Empeza a edificarse o Pazo Municipal da Coruña
1918: O Imperio Austro-Húngaro réndese a Italia.
1921: Creación oficial das SA ou Sturmabteilung ("Sección de asalto").
1922: En Exipto, o arqueólogo británico Howard Carter e os seus homes achan a entrada para a tumba do Faraón Tutankhamon no Val dos Reis.
1930: Morre Ángel Amor Ruibal, pensador galego.
1942: II Guerra Mundial: Segunda Batalla de El Alamein: o marechal Erwin Rommel desobedece ordes directas de Adolf Hitler para resistir en El-Alamein e inicia unha retirada, que duraría cinco meses e terminou coa rendición do Eixo.
1946: Fundación da UNESCO.
1978: As Cortes aproban o Estatuto de Autonomía de Galicia.
1995: Morre Isaac Rabin, político de Israel, asasinado por un fanático durante un mitin.
2008: O demócrata Barack Obama vence ao republicano John McCain nas eleccións presidenciais de Estados Unidos.
~ ~ ~ ~ ~
Un home debe vivir tan preto dos seus superiores como cerca do lume; nin tan cerca que se queime, nin tan lonxe que se xee.
Ilustración do 4 de novembro

Dióxenes.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: