~ ~ ~ ~ ~
O 4 de decembro de 1951 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 10 de decembro Día dos Dereitos Humanos.

~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1198: Morre Averroes, filósofo hispano-árabe.
1520: En Wittenberg (Alemaña), Martín Lutero queima a bula de excomunión Exsurge Domine, decretada contra el polo papa León X.
1617: Turcos e berberiscos atacan con fogo de canón e fusil o porto de Vigo.
1763: En Madrid celébrase o primeiro sorteo de lotaría do país.
1860: por primeira vez na historia de Estados Unidos concédese o voto ás mulleres, no estado de Wyoming.
1896: Morre Alfred Nobel, químico sueco, fundador da institución que leva o seu nome (n. 1833)
1898: Ao finalizar a Guerra Hispano-Estadounidense asínase o Tratado de París, polo que España perde o dominio sobre Cuba, Puerto Rico e Filipinas, os últimos restos do seu imperio.
![]() |
Anuncio decembro 1913 |
1909: Morre Red Cloud (Nube Vermella), xefe dos sioux oglala.
1936: Morre Luigi Pirandello, escritor italiano, Premio Nobel de Literatura en 1934.
1938: Nace Buciños, escultor galego.
1941: Forzas do Xapón toman as Filipinas e Guam durante a Segunda Guerra Mundial
1948: Na sé das Nacións Unidas en New York a ONU proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos
1954: Ernest Hemingway obtén o Premio Nobel de Literatura.
1955: España entra a formar parte da Organización das Nacións Unidas.
1956: Juan Ramón Jiménez recibe o Premio Nobel de Literatura
1961: O papa Xoán XXIII lanza unha chamada á unidade dos cristiáns na encíclica Aeterna Dei Sapientia.
1990: Octavio Paz recibe o Premio Nobel de Literatura.
1993: A Unesco declara a Ruta Xacobea española Patrimonio da Humanidade na súa reunión anual celebrada en Cartagena de Indias.
2010: En Estocolmo (Suecia) o escritor e político Mario Vargas Llosa recibe o Premio Nobel de Literatura.
~ ~ ~ ~ ~
Maior son e para maiores cousas nacín que para ser escravo da miña carne.
Séneca.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario