mércores, 9 de decembro de 2020

9 de decembro

De Santos a Nadal é o inverno natural.
~ ~ ~ ~ ~
Celébrase o Día Internacional con menos éxito de todos. O 31 de outubro de 2003, Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 58/4 decidiu proclamar o 9 de decembro Día Internacional contra a Corrupción, para crear conciencia da corrupción e o papel da Convención para combatela e previla. A Convención entrou en vigor en decembro de 2005.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
536: en Italia, o xeneral bizantino Belisario entra en Roma aínda que o pacto cos ostrogodos fai que abandone a cidade, volvendo á capital do seu antigo imperio.
1579: Nace San Martín de Porres, relixioso e santo dominico peruano.
1617: Saqueo de Cangas polos turcos.
1641: Morre Antoon van Dyck, pintor belga.
1717: Nace Johann Joachim Winckelmann, arqueólogo e historiador alemán.
1759: chega a Madrid, procedente de Nápoles, Carlos III, para facerse cargo do trono de España.
1774: en Melilla Mohámmed ben Abdallah, sultán de Marrocos, pon sitio á cidade española, que non consegue conquistar.
Anuncio de decembro de 1913
1824: no Perú líbrase a Batalla de Ayacucho, último enfrontamento importante da independecia das colonias españolas en América do Sur.
1835: a República de Texas captura a aldea de San Antonio.
1851: en Montreal (Canadá) establécese a primeira asociación YMCA.
1852: en España publícase, por Real Orde, a equivalencia de pesas e medidas tradicionais co sistema métrico decimal.
1856: na cidade de Bushehr (Irán) réndese ás forzas británicas.
1872: en EE. UU., P. B. S. Pinchback (1837-1921) convértese en gobernador interino do estado de Luisiana durante 35 días (é a primeira persoa de ascendencia afroamericana en conseguilo).
1914: Nace Hildegart Rodríguez Carballeira concibida pola nai como o modelo de muller do futuro.
1925: Morre Pablo Iglesias, político español fundador do PSOE e a UXT.
1933: Morre Roberto Novoa Santos, médico español.
1936: Morre Juan de la Cierva, enxeñeiro español.
1941: no marco da Segunda Guerra Mundial, a China, Corea, Cuba, Filipinas e Guatemala declaran a guerra a Alemaña e Xapón.
1953: en EE. UU. no marco da caza de bruxas macartista a empresa General Electric anuncia que os traballadores comunistas serán despedidos.
Nova do 9 de nadal de 1914
1953: Nace John Malkovich, actor e cineasta estadounidense.
1961: en Israel termina o xuízo contra o criminal nazi Adolf Eichmann. É sentenciado por 15 cargos criminais, incluídos crimes contra a humanidade e contra o pobo xudeu.
1970: Nace Djalminha, futbolista brasileiro.
1991: A Unión Soviética queda disolta oficialmente.
1996: Morre Mary Douglas Leakey, paleoantropóloga británica.
2001: Bota a andar a web da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra
2006: en Europa lánzase a Nintendo Wii.
~ ~ ~ ~ ~
As palabras son ananos; os exemplos son xigantes. 
Proverbio Suízo.
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario:

Publicar un comentario