~ ~ ~ ~ ~
O 20 de decembro de 2002 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu declarar o 11 de decembro Día Internacional das Montañas. É unha oportunidade para crear conciencia da importancia que teñen as montañas para a vida, de sinalar as oportunidades e as limitacións que afronta o desenvolvemento das zonas montañosas, e de crear alianzas que produzan un cambio positivo nas montañas e as terras altas do mundo.

~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1198: Morre Averroes, filósofo andalusí.
1282: en Cilmeri (Gales) morre nunha escaramuza Llywelyn o Último Rei (n. c. 1228), o último príncipe de Gales nativo.
1576: en España, Frei Luís de León, tras case cinco anos de encarceramento sen xuízo, é absolto pola Inquisición.
1582: Morre Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba, xeneral español (n. 1507)
![]() |
Anuncio decembro 1913 |
1833: Nace Ramón Silvestre Verea García escritor, xornalista e inventor, en Curantes (A Estrada)
1843: Nace Robert Koch, médico alemán, descobridor do bacilo da tuberculose.
1918: Nace Alexander Solzhenitsyn, Premio Nobel de Literatura en 1970.
1941: Alemaña e Italia declaran a guerra a Estados Unidos, catro días despois do ataque xaponés a Pearl Harbour.
1946: As Nacións Unidas crean UNICEF para a protección da infancia.
1958: Nace Alberto Ruiz-Gallardón, político español.
1972: xunto ao cráter Littrow, no val selenita de Taurus, aluniza a nave espacial estadounidense Apolo 17, na última visita do home á Lúa.
~ ~ ~ ~ ~
Se por casualidade dás cunha boa muller, serás feliz; se non, serás filósofo, o que sempre é útil para o home.
Socrates.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario