~ ~ ~ ~ ~
Santoral: San Lázaro.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
283: San Caio, sobriño do emperador romano Diocleciano, accede ao papado.
1483: Execución do Marechal Pero Pardo de Cela e do seu fillo en Mondoñedo.
1538: O papa Pablo III excomulga a Enrique VIII de Inglaterra.
1718: Gran Bretaña declara a guerra a España.
1770: Ludwig van Beethoven é bautizado en Bonn.

1790: Descóbrese a Pedra do Sol, tamén coñecida de forma incorrecta como o calendario azteca, baixo o Zócalo da cidade de México
1810: Nace Francisco Serrano, militar e político español.
1830: Morre Simón Bolívar, militar e político venezolano.
1843: Estados Unidos: Charles Dickens publica por primeira vez o seu libro Unha canción de Nadal.
1888: Nace Pedro Barrié de la Maza, banqueiro e empresario galego.
1895: Nace Ánxel Casal, editor e político galego.
![]() |
Anuncio do 17 de nadal de 1913 |
1897: Morre Alphonse Daudet, escritor francés.
1903: Estados Unidos: Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I. construído xunto co seu irmán Wilbur.
1909: Morre Leopoldo II, rei de Bélxica e "rei soberano" do Congo.
1917: Estados Unidos Promulga a Lei Seca.
1919: Nace Leopoldo Nóvoa, pintor galego.
1937: Nace John Kennedy Toole, novelista norteamericano.
1939: Segunda Guerra Mundial: O acoirazado de peto alemán Admiral Graf Spee é afundido polo seu capitán Hans Langsdorff tras os danos sufridos na Batalla do Río de la Plata.
1941: Segunda Guerra Mundial: Inicio da Batalla de Sevastopol.
1967: O Primeiro Ministro de Australia Harold Holt desaparece mentres nadaba preto de Portsea.
1975: Nace Milla Jovovich, actriz e modelo ucraína-estadounidense.
1987: Morre Marguerite Yourcenar, escritora e tradutora francesa.
1989: primeiro episodio dos Simpson na cadea Fox. En Galicia Manuel Fraga gaña as primeiras eleccións ás que se presenta.
2010: Comeza a Revolución dos Xasmíns en Tunes que é a mecha da revolución no mundo árabe de 2011 ao queimarse ao bonzo o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi.
2011: Morre Kim Jong-il, líder norcoreano.
~ ~ ~ ~ ~
Non lixes a fonte onde apagaches a túa sede.
Shakespeare.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún comentario:
Publicar un comentario