luns, 18 de decembro de 2023

18 de decembro

Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar.
~ ~ ~ ~ ~
O 4 de decembro de 2000 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 55/93 proclamou o 18 de decembro Día Internacional do Migrante.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1737: Morre Antonio Stradivari, violinista italiano.
1863: Nace Francisco Fernando, príncipe herdeiro do imperio austrohúngaro.
1865: A escravitude é abolida nos Estados Unidos
1886: Nace Ty Cobb, beisbolista estadounidense.
1907: Nace Xerardo Díaz Fernández, mestre e escritor galego.
1913: Nace Willy Brandt, chanceler da República Federal Alemá cuxa estratexia coñecida como Ostpolitik lle valeu o Premio Nobel da Paz.
1917: Vicente Risco pronuncia o seu primeiro discurso en galego, nun acto de apoio a Francesc Cambó.
1932: Morre Uxío Carré Aldao, libreiro e escritor galego.
1935: O holandés Max Euwe novo campión mundial de xadrez tras derrotar ao ruso-francés Alexandre Alekhine.
Anuncio do 18 de nadal de 1913
1940: Adolf Hitler ordena aos seus xenerais preparar a invasión de Rusia baixo o nome crave de Operación Barbarroja.
1946: Nace Steve Biko, activista surafricano e Steven Spielberg, cineasta estadounidense.
1951: Nace Ramón Conde, escultor galego.
1963: Nace Brad Pitt, actor e produtor estadounidense.
1968: Nace Alejandro Sanz, cantante e compositor español.
1971: Nace Arantxa Sánchez Vicario, tenista española.
1975: México renova relacións diplomáticas con España, suspendidas co goberno do ditador Francisco Franco tras a Guerra Civil, aínda que mantidas co goberno republicano no exilio.
1980: Nace Christina Aguilera, cantautora, produtora e actriz estadounidense.
1981: España aproba o seu actual escudo.
1995: En Europa, Javier Solana toma posesión como secretario xeral da OTAN.
2006: Morre Joseph Barbera, animador, director e produtor estadounidense.
~ ~ ~ ~ ~
Ningún poder político pode sosterse indefinidamente contra a opinión pública. 
Napoleón.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: