martes, 19 de decembro de 2023

19 de decembro

No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1897: en Estados Unidos, o presidente William MacKinley anuncia a intervención do seu país na guerra de Cuba contra España.
1906: Nace Leonid Brézhnev, dirixente soviético.
1911: Nace Ernesto Guerra da Cal, filólogo e escritor galego.
1915: Nace Édith Piaf, cantante francesa.
1915: Morre Alois Alzheimer, neurólogo alemán que descubriu a enfermidade que leva o seu nome.
1944: Nace Richard Leakey, antropólogo, paleontólogo e político kenyano.
1946 - Ten lugar a Batalla de Cambedo entre forzas hispano-lusas e guerrilleiros antifranquistas.
1964: Nace Arvydas Sabonis, xogador de baloncesto lituano.
1966: Nace Alberto Tomba, esquiador italiano.
1977: Nace Jorge Garbajosa, baloncestista español.
1984: por medio dun acordo, Reino Unido comprométese a entregar Hong Kong a China en 1997.
1986: O líder soviético Mijaíl Gorbachov libera ao científico Andréi Sájarov e á súa esposa do seu exilio en Gorky.
1996: Morre Marcello Mastroianni, actor italiano.
Anuncio 19 de nadal de 1913
1997: Estrea da película Titanic. Será a película máis exitosa da historia do cinema con 1800 millóns de dólares estadounidenses en ganancias.
~ ~ ~ ~ ~
Nin o rei comería... se o labrador non labrase. 
Lope de Vega.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: