mércores, 6 de decembro de 2023

6 de decembro

Ata as Navidás nin fame nin frío; das Navidás pra diante fame e frío bastante.
~ ~ ~ ~ ~
Hoxe é festivo, por celebrarse o Día da Constitución.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
35: en Guatemala escríbense ronseis de época Olmeca tardía. Son os primeiros documentos escritos en toda América.
345: Nace San Nicolás de Bari, bispo turco de Mira (Anatolia).
1185: Morre Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal.
1300: Nace San Pedro Nicolás Pascual, santo español.
1483: É tomada a Fortaleza da Frouxeira.
1534: No Ecuador fúndase a aldea de Quito (hoxe capital da república).
1658: Nace Baltasar Gracián, escritor español.
1768: En Londres publícase a primeira edición da Enciclopedia Británica.
1791: Wolfgang Amadeus Mozart recibe sepultura no cemiterio de San Marx de Viena, nunha tumba comunitaria simple.
1810: Na cidade de Guadalajara (México), o sacerdote Miguel Hidalgo declara a abolición da escravitude.
1814: Nace Juan Prim, militar e político español.
1865: A 13ª Emenda á Constitución dos Estados Unidos é ratificada por todos os estados. Nela abólese a escravitude.
Noticia do 6 de decembro de 1913
1877: En Washington D. C. publícase o primeiro número do Washington Post.
1877: Nos EE. UU., o inventor Thomas Edison, usando o seu novo fonógrafo, realiza a primeira gravación dunha voz humana.
1897: Londres convértese na primeira cidade que dá licenzas de taxi.
1914: Na Cidade de México, as tropas de Pancho Vila e de Emiliano Zapata ocupan o Palacio Nacional.
1916: No marco da Primeira Guerra Mundial, as potencias centrais capturan Bucarest.
1921: Irlanda tornase independente do Reino Unido
1931: Nace Don King, promotor boxístico estadounidense.
1971: Paquistán e a India recoñecen a Bangladés.
1977: Sudáfrica outórgalle independencia a Bofutatsuana; aínda que non o feito non é recoñecido por ningún país.
1978: En España apróbase en referendo a vixente Constitución española.
Nova do 6 de decembro de 1914
1982: Nace Alberto Contador, ciclista español.
2006: A NASA publica fotos da Mars Global Surveyor suxerindo a presenza de auga en Marte.
~ ~ ~ ~ ~
Tarefa delicada a de tranquilizar xentíos, porque facer moito pode ser tan funesto como non facer nada. 
Carlyle.
~ ~ ~ ~ ~






















Ningún comentario: