xoves, 7 de decembro de 2023

7 de decembro

Cando Nadal nada, sinal de boa anada.
~ ~ ~ ~ ~
Este é o Día Internacional da Aviación Civil celébrase mundialmente o 7 de decembro. En 1997 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamouno oficialmente. O seu propósito é xerar e fortalecer a conciencia mundial sobre a importancia da aviación civil. A súa celebración fora declarada en 1992 pola Asemblea da OACI. Nove anos antes, no 1983, no aeroporto de Madrid-Barajas un accidente aéreo deixara 93 mortos. Despois da súa declaración neste
mesmo día, pero no 2005 no Aeroporto Internacional de Miami, un grupo de policías matou a tiros ao pasaxeiro costarriqueño Rigoberto Alpízar, quen dixo ter unha bomba, aínda que non era certo.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: San Ambrosio.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
43 a. C.: Morre Marco Tulio Cicerón, filósofo e estadista romano.
1483: Pedro Pardo de Cela e o seu xenro, presos por orde dos Reis Católicos.
Noticia do 7 de nadal de 1913
1492: O rei Fernando de Aragón resulta ferido nun atentado levado a cabo por Juan de Cañamares en Barcelona.
1493 - Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán.
1598: Nace Gian Lorenzo Bernini, artista italiano.
1617: Vigo é atacada por piratas turcos e berberiscos.
1772: Morre en Madrid Martín Sarmiento, escritor e erudito galego, xeneral da orde benedictina..
1815: Morre Michel Ney, mariscal francés.
1822: Nace Louis Pasteur, químico e microbiólogo francés (m. 1895).
1888: John Dunlop, veterinario escocés (1840-1921) patenta o pneumático con cámara de aire.
1924: Nace Mário Soares, político portugués, presidente entre 1986 e 1996.
1928: Nace Noam Chomsky, disidente político e lingüista estadounidense.
1941: Os xaponeses bombardean Pearl Harbour, o que obriga ós americanos a intervir na II Guerra Mundial.
1956: Nace Larry Bird, exxogador e adestrador de baloncesto estadounidense.
1966: Nace Lucía Etxebarria, escritora española.
Nova do 7 de nadal de 1914
1966: Siria pide o derrubamento do rei Hussein de Xordania.
1971: Nace Vladímir Akopian, xadrecista armenio.
1984: Nace Robert Kubica, piloto polaco de Fórmula 1.
1985: Morre Robert Graves, erudito e escritor británico.
1991: A URSS pasa a chamarse Rusia.
~ ~ ~ ~ ~
Tan capaz é o noso entendemento para entender as cousas altísimas e clarísimas da natureza, como os ollos da coruxa para ver o sol. 
Aristóteles.
~ ~ ~ ~ ~


Ningún comentario: