venres, 8 de decembro de 2023

8 de decembro

Pon, poliña, pon, pola Conceición.
~ ~ ~ ~ ~
É o día da Inmaculada, dende que en 1854 o papa Pío IX proclamase o dogma da Inmaculada Concepción, que sostén que María, nai de Xesús, naceu libre do pecado orixinal.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
65 a. C.: Nace Horacio, poeta romano.
1191: Os Grimaldi, unha familia de exilados de orixe xenovesa, coloca a primeira pedra da praza fortificada (hoxe o palacio pricipesco) en Mónaco.
1443: Nace Rodrigo Ponce de León, militar español.
1491: Entran en Granada sete cabaleiros cristiáns para conferenciar secretamente con Boabdil acerca da rendición.
1542: Nace María Estuardo, raiña escocesa entre 1542 e 1567.
1793: Morre Madame du Barry, cortesana francesa.
1813: Ludwig van Beethoven estrea a Sétima Sinfonía.
1826: Nace Friedrich Siemens, industrial alemán.
1854: O Papa Pío IX proclama o dogma da Inmaculada Concepción, que afirma que a Virxe María naceu sen pecado orixinal.
1859: Morre Thomas De Quincey, escritor británico.
1869: Inicio do Concilio do Vaticano I.
1886: Nace Diego Rivera, muralista mexicano.
1903: Morre Herbert Spencer, filósofo inglés e un dos representantes do positivismo.
1906: Primeiro partido do Real Club Deportivo (chamado entón da Sala Calvet). Nace Concha Piquer, cantante española.
1925: Nace Sammy Davis Jr., actor e cantante estadounidense.
1925: Nace Carmen Martín Gaite, escritora española.
1925: Adolf Hitler publica Mein Kampf (A miña loita).
1936: Nace David Carradine, actor estadounidense.
1941: Estados Unidos aproba a declaración de guerra contra Xapón
1941: Comeza a campaña xaponesa de Filipinas.
1943: Nace Jim Morrison, cantante estadounidense de The Doors.
1949: China nacionalista traslada a capital a Taipéi (Taiwán).
1953: Nace Kim Basinger, actriz estadounidense.
1955: Adopción da bandeira europea.
1965: Remata o concilio Vaticano II.
1966: Nace Sinéad O'Connor, cantautora irlandesa.
1967: The Beatles publican Magical Mystery Tour e The Rolling Stones Their Satanic Majesties Request.
1979: Sae The wall, exitoso disco dos Pink Floyd.
Anuncio do 8 de nadal de 1913
1980: En New York, Mark Chapman asesina a John Lennon.
1987: Morre o equipo do club peruano de fútbol Alianza Lima, ao caer o avión no que regresaban a Lima.
1992: Morre Willy Brandt, político alemán.
~ ~ ~ ~ ~
Se todos os días fosen festas deportivas, entón o deporte sería tan aburrido como o traballo. William Shakespeare.
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: