venres, 2 de febreiro de 2024

2 de febreiro

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra. Que chore, que deixe de chorar, medio inverno está por pasar.
~ ~ ~ ~ ~
Nosa Señora da Candeloria.
Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.
É tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros. Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola. En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.
O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.
~ ~ ~ ~ ~
Día Mundial das Zonas Húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1319: Berenguel de Landoira celebra a súa primeira misa pontificial con presencia do rei portugués. O fai en Pontevedra, mentres os santiagueses queimaban as casas arzobispais.
1809: Os franceses retiranse de Ribadeo atacados por bombardeos de patriotas asturianos.
Anuncio publicado o 2 de febreiro de 1914
1845: É nomeado director da Real Academia de San Fernando o pintor galego Genaro Pérez Villamil.
1848: Termina a guerra entre os Estados Unidos de América e México, coa sinatura do Tratado de Guadalupe-Hidalgo.
1877: Instalase na Coruña o Liceo Brigantino.
1882: Nace James Joyce, escritor irlandés.
1920: Estonia declárase independente de Rusia.
1943: As últimas tropas alemás réndense aos soviéticos despois da Batalla de Stalingrado, na Segunda Guerra Mundial.
1969: Morre Boris Karloff, actor británico.
1970: Morre Bertrand Russell, matemático e filósofo británico.
1971: Apróbase o Convenio relativo ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, máis coñecido como Convención de Ramsar por ser a cidade iraniana onde se asinou.
1977: Nace Shakira, cantante colombiana.
2002: Morre Felipe Fernández Armesto, escritor e xornalista galego.
~ ~ ~ ~ ~
Un home consciente cre no destino un inconsciente cre na casualidade. 
Disraeli 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: