xoves, 7 de marzo de 2024

7 de marzo

No marzo aínda hai lama no pazo.
~ ~ ~ ~ ~
Santoral: Santa Perpetua e Santa Felicidade
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1668: En Ourense tocan todas as campás para celebrar a paz de España con Portugal.
1790: É nomeado académico de mérito da Academia de Belas Artes de San Fernando o arquitecto Fernando Domínguez con numerosas obras na Coruña.
1805: Nace Juana de Vega, escritora galega.
1908: Morre Manuel Curros Enríquez, escritor galego, na Habana.
1876: Alexander Graham Bell lanza a patente do teléfono.
1909: Morre en Vigo o grande filántropo José García Barbón.
1938: Guerra civil española: Afundimento do cruceiro Baleares, no que morreron 788 homes.
1966: O ministro Manuel Fraga báñase na praia de Palomares (Almería), ante o temor popular á radioactividade dunha Bomba H estadounidense perdida no mar por un accidente aéreo.
1999: Morre Stanley Kubrick, cineasta estadounidense.
Anuncio do 7 de marzo de 1914
~ ~ ~ ~ ~
Quizá a máis grande lección da historia é que ninguén aprendeu as leccións da historia. 
A. Huxley 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: