venres, 8 de marzo de 2024

8 de marzo

Marzo é enganador; un día malo e outro pior.
~ ~ ~ ~ ~
Día da Muller (ou da Muller Traballadora). A elección do día obedece á data na que, no ano 1857, foron asasinadas 146 obreiras dunha fábrica téxtil de New York, nun intento de seren desaloxadas pola policía mediante o uso de bombas incendiarias, tras declararse en folga. O Día Nacional da Muller comezou a celebrarse no 1909 en Estados Unidos no último domingo de febreiro. No 1911 celebrouse en Europa o 19 de marzo e xa no 1914 o 8 de marzo.
~ ~ ~ ~ ~
Ilustración marzo do 1914
Efemérides:
1126: Morre Urraca de León, raíña de Galicia, León, Castela e Toledo.
1813: Inauguran no Ferrol o obelisco adicado ao mariño Churruca.
1917: Morre na Coruña Eduardo Pondal, poeta galego.
1917: Morre Ferdinand Von Zeppelin, inventor do dirixible.
1921: O coruñés Eduardo Dato, xefe do goberno español, é asasinado ao saír do Parlamento en Madrid.
1942: Morre José Raúl Capablanca, xadrecista cubano.
1957: Exipto reabre o Canal de Suez.
1971: Morre Harold Lloyd.
1999: Morre Joe DiMaggio, xogador de béisbol estadounidense.
2003: Nace a Galipedia.
~ ~ ~ ~ ~
Sería unha gran reforma na política o que se puidese estender a cordura con tanta facilidade e tanta rapidez como a tolemia. 
Winston Churchil 
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: