sábado, 9 de marzo de 2024

9 de marzo

Neve marzal vén e vaise pola mañá.
~ ~ ~ ~ ~
Efemérides:
1451: Nace Américo Vespucio, explorador xenovés.
1695: Nace Frei Martín Sarmiento, escritor e erudito galego.
1902: O Real Madrid Club de Fútbol celebra o seu primeiro partido nunha explanada que había na avenida da praza de touros da capital de España.
1934: Nace Iuri Gagarin, primeiro cosmonauta da historia.
1943: Nace Bobby Fischer, xadrecista norteamericano.
1957: En Alaska un sismo de 9,1 golpeou as illas Andreanof. Na illa Umnak, o monte Vsevidof fixo erupción despois de estar durmido por 200 anos, xerando un tsunami de 15 metros de alto que chegou ata Hawai.
1959: Ponse á venda a boneca Barbie na Feira Internacional do Xoguete de New York.
1989: Morre Robert Mapplethorpe, fotógrafo estadounidense.
1992: Fúndase o Club Deportivo Universitario da Coruña. Boa parte das súas seccións (xadrez, béisbol, iudo e rugbi) as promoven xente vencellada á Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.
Anuncio do 9 de marzo de 1914
1994: Morre Charles Bukowski, escritor estadounidense.
1994: Morre Fernando Rey, actor español.
2002: Morre Carlos Casares, escritor galego.
~ ~ ~ ~ ~
Son tan parvos os homes, que, polo feito de poñer un nome novo a unha cousa vella, cren ter concebida unha cousa nova.
Remy de Gourmont
~ ~ ~ ~ ~

Ningún comentario: